Buscamos novos talentos.

Buscamos nuevos talentos.
Pero nuevos nuevos.
A estrenar.
Con envoltorio.
Rollo regalo.
Con lacito.
¿ Quieres bolsa ?
Obviamente no.
Viva lo eco
Exactamente esos.

3

Que ofrecemos?

Beerfing ofrece a posibilidade a todos aqueles talentos junior de presentar os seus traballos diante dos principais creativos e profesionais do Marketing e a Publicidade galegos.

Que buscamos?

Se estás estudando creatividade, publicidade ou Marketing, se es un creativo junior xa traballando ou ben se non es tan xove pero levas pouco tempo neste mundo ofrecémosche a oportunidade de presentar durante 3 minutos o teu mellor proxecto creativo: Deseño gráfico, vídeo, fotografía, ilustración… queremos creatividade, non nos importa o formato!

Como?

Terás a oportunidade de explicarlle ós principais profesionais creativos de Galicia (axencias de publicidade, directores de Marketing, directores Creativos,…) o teu mellor proxecto. Disporás de 3 minutos, un micrófono e un proxector. O resto é cousa túa.

Que precisamos?

O único que precisamos de ti é un resumo en PDF do teu proxecto (máximo 5 follas). Se resultas preseleccionado como finalista, chamarémoste para que nos presentes o teu proxecto a través de videochamada. En poucos días saberás se es un dos 3 finalistas que presentarán o seu proxecto no Beerfing.

Presenta a túa candidatura

Preme o botón para acceder ó formulario, déixanos os teus datos e adxunta a túa presentación en PDF.
Lembra!: máximo 5 follas.

– Prazo límite de inscrición: 27 de maio-

MOITA SORTE!

3

¡Lembra! Se tes dúbidas podes contactar coa organización chamando ó 881 977 102 ou enviando un correo electrónico a info@clustercomunicacion.gal

Colaboran: