Encontros do sector da creatividade e da publicidade de Galicia organizados por Clúster da Comunicación de Galicia e Creatividade Galega e patrocinados por Estrella Galicia.
é un encontro en formato pitch&beers que reúne en Galicia ó talento do sector da Creatividade e a Publicidade arredor do coñecemento e a experiencia compartida.
Próximo
marzo
Día(s)
:
Hora(s)
:
Minuto(s)
:
Segundo(s)
O evento conta con dúas partes:
Workshop
Cada edición do Beerfing® arrancará cun Workshop, no que da man dun/dunha reputado/a profesional se poderán coñecer novas ideas, tendencias e calquer outra información que axude ás empresas e profesionais a manterse ó día e potenciar a súa competitividade e innovación.
Charlas
Nesta segunda parte de Beerfing, terás a oportunidade de coñecer a grandes profesionais para compartir a súa visión e know-how con charlas de diversos formatos que non te deixarán indiferente:
NOVOS VALORES
Dous monólogos de 3 minutos a cargo de novas promesas do sector, que exporán ante profesionais de primeira liña do sector a súa visión, idea ou proxecto.
CASOS DE ÉXITO
Dous relatorios de 15 minutos onde as axencias galegas presentarán os seus casos de éxito facéndonos partícipes de todo o proceso.
PONENCIA ESTRELA
Relatorio de 50′ a cargo dun/dunha profesional de primeiro nivel, que compartirá a súa bagaxe e know-how en materia de márketing e comunicación.
Workshop
«Tendencias e Futuro»
Un taller dinámico e participativo para repensar o futuro e dar ideas.
Relatores Charlas
Fátima Carmena, Directora de Proxectos de Nasas, introduciranos aos novos profesionais que compartirán as súas experiencias en Beerfing:
Caso 1: Con un pan debaixo do brazo
Axencia: Kindergarten
Carlos Álvarez
Cofundador de Kindergarten
Caso 2: Na macrogranxa de Pepito… iah iah NO!
Axencia: Chachachá Studio
Raúl Bermúdez
Director Creativo de Chachachá Studio
Charla Estrella
Judith Francisco
Socia e Directora creativa de Playoffice
Expresidenta Club de Creativos 2019-2021
Reencadrar
a túa creatividade
Judith Francisco é socia do estudo de arquitectura e deseño PlayOffice fundado no ano 2013, especializado en espazos infantís. Un estudo multidisciplinar que cobre todo o proceso desde a conceptualización á execución do branding e a señalética, o interiorismo e deseño de mobiliario, a experiencia de usuario e o proxecto arquitectónico.
Durante a súa carreira profesional traballou nalgunhas das axencias máis creativas a nivel nacional, como Señora Rushmore e, a nivel internacional, como Wieden & Kennedy, Amsterdam.
+ info
No ano 2008 fundou a axencia estratéxica e creativa de marca Swing Swing desde a que traballou con clientes como Camper, Estrella Galicia, Verti, Cutty Sark, Bezoya ou Privalia. No 2019 pecha Swing Swing para dedicarse de maneira total ao deseño de espazos desde Playoffice.
Vinculada ao Club de Creativos de España dende o ano 2001, pertenceu a 4 xuntas; entre o 2019 e 2021 foi Presidenta do Club de Creativos, período durante o que se puxo en marcha o podcast do C de C “Hoy no es Mañana”, o curso de Creativos e Creadores Free, o programa para expatriados EXP e a nova sede do clube entre outros proxectos.
Na área docente colaborou con diversas institucións como a Universidade de Cantabria, a Universidade Europea, a Miami Ad School, o Instituto Europeo de Deseño, SUR Escola do Círculo de Belas Artes, ou a Universitat Oberta de Catalunya.
Axenda
Xoves 31 marzo 2022
WORKSHOP
16:00
Centro Obra Social Abanca
C4E Consultora
«Tendencias e futuro»
charlas
20:00
Sala Riquela
Novos talentos
Carlos Álvarez
«Con un pan debaixo do brazo”
Raúl Bermúdez
«Na macrogranxa de Pepito… iah iah NO!”
Judith Francisco
«Reencadrar a túa creatividade»
Workshop + Charlas
Goza do evento Beerfing ao completo. Inclúe ademais un Workshop exclusivo cun profesional de primeira liña.
Charlas
Estudantes- Acceso a todas as charlas.
Workshop+Charlas
Socios Clúster e Creatividade Galega- Acceso ó Workshop.
- Acceso a todas as charlas.
Workshop+Charlas
Socios Markea, Executivas, Dircom e OPC Galicia- Acceso ó Workshop.
- Acceso a todas as charlas.
Workshop+Charlas
Público Xeral- Acceso ó Workshop.
- Acceso a todas as charlas.
Centro Obra Social Abanca
Pza. de Cervantes s/n Santiago de Compostela
15704 Santiago de Compostela
981 55 85 71
Riquela
Rúa do Preguntoiro, 35
15704 Santiago de Compostela