3ª EDICIÓN

encontros de creatividade e cervexa

11 marzo 2021 | Virtual/Online

Encontros do sector da creatividade e da publicidade de Galicia organizados por Clúster da Comunicación de Galicia e Creatividade Galega e patrocinados por Estrella Galicia.

é un encontro en formato pitch&beers que reúne en Galicia ó talento do sector da Creatividade e a Publicidade arredor do coñecemento e a experiencia compartida.

O evento conta con dúas partes:

Workshop 

Cada edición do Beerfing® arrancará cun Workshop, que se celebrará de xeito virtual a través de streaming, e no que da man dun reputado profesional se poderán coñecer novas ideas, tendencias e calquer outra información que axude ás empresas e profesionais a manterse ó día e potenciar a súa competitividade e innovación.

Charlas

Nesta segunda parte de Beerfing, terás a oportunidade de coñecer a grandes profesionais para compartir a súa visión e know-how con ponencias de diversos formatos que non te deixarán indiferente:

NOVOS VALORES: 3x3

Tres monólogos de 3 minutos a cargo de novas promesas do sector, que exporán ante profesionais de primeira liña do sector a súa visión, idea ou proxecto.

CASOS DE ÉXITO

Dous relatorios de 15 minutos onde as axencias galegas presentarán os seus casos de éxito facéndonos partícipes de todo o proceso.

PONENCIA ESTRELA

Relatorio de 50′ a cargo dun/dunha profesional de primeiro nivel, que compartirá a súa bagaxe e know-how en materia de marketing, comunicación, deseño, edición, artes gráficas ou dixital.

E-Workshop

Direccións de márketing no contexto COVID-19

Beatriz Pereira, CEO.
Directora área investigación de mercados en Iuni strategic marketers

Ponentes Charlas 

Caso 1: O Resu Resiste

Axencia: Tony Le Brand

Jorge Pallarés
Jorge Pallarés

Director Xeral Tony Le Brand

«O Resu Resiste”

Nacho Romay
Nacho Romay

Director Creativo Tony Le Brand

«O Resu Resiste»

Víctor Mantiñán
Víctor Mantiñán

Responsable de Patrocinios música Hijos de Rivera

«O Resu Resiste»

Caso 2: Míster, a historia de amor de Rei Zentolo e David Vidal

Axencia: Elemental Chefs

Isaac González
Isaac González

Director Elemental Chefs

«Míster, a historia de amor de Rei Zentolo e David Vidal»

Pablo Zentolo
Pablo Zentolo

Director de Arte e Fundador de Rei Zentolo

«O Resu Resiste»

Ponencia Estrella

Mónica Moro

Directora Xeral creativa McCann España

O ocaso do Bullshit

Mónica é unha das poucas mulleres do mundo que lidera o departamento creativo dunha axencia de publicidade.
Foi elixida como a creativa máis admirada de España por tres veces consecutivas segundo SCOPEN, sendo a primeira vez que unha muller lidera esta clasificación nos últimos 40 anos.
Ademais é parte da lista de FORBES 100 Most Creative People in Business. Tamén foi elixida a primeira española membro do Board Internacional do prestixioso One Club for Creativity de Nova York.

+ info

Elixida Muller a seguir pola revísta Anuncios, Mellor Profesional Sub41 polo Club de Xurados dos Premios Eficacia, e Creativo Ideal polos anunciantes españois.

Baixo o seu liderado, McCann conseguiu converterse na única axencia española que aparecía entre as vinte primeiras posicións do Gunn Report, o medidor das mellores campañas do mundo. Ademais conseguiu manterse durante unha década nos primeiros postos das clasificacións creativas mundiais. Quizá por iso tamén foi elixida Best Place to Work, a axencia máis desexada para traballar en España durante o últimos tres anos.

Nunha era baseada na tecnoloxía e a transformación dixital, Mónica consegue humanizar ás marcas, construíndo conversacións únicas e de interese xeral que teñen que ver con valores humanos e sociais relevantes para o noso tempo. As marcas para as que traballa conseguen traspasar a fronteira da comunicación e dar o salto á cultura popular, así como colocarse no lado correcto da historia.

Os seus traballos máis importantes e destacados foron para marcas icónicas como Coca-Cola, a transformación de Campofrío, e tamén con Ikea para quen creou as campañas máis virales da súa historia máis recente. Os seus traballos tamén foron incluídos na colección permanente do Museo Nacional de Arte Contemporánea Raíña Sofía.

Conta con máis de mil premios nos principais festivais publicitarios internacionais e nacionais. Conta con cinco Grandes Premios á Eficacia, demostrando como a creatividade é unha ferramenta fundamental para facer crecer os negocios.

 

Mónica foi xurado e presidenta de xurado en numerosos festivais publicitarios de recoñecido prestixio como Cannes, Clio, One Show, London IA, El Ojo de Iberoamérica, New York Festivales, O Sol, e o Club de Creativos de España, entre outros.

Forma parte do Creative Leadership Collective ( CLC), o board creativo mundial de McCann que traballa para promover a excelencia creativa dentro da súa rede.

É conferenciante en numerosos eventos e colabora dando clases na Universidade e en Masters de Publicidade e Business.

Mónica é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Ciencias da Información, Universidade Complutense, Madrid.

Ten dúas fillas xemelgas que son a súa mellor campaña.

agsdix-null

Axenda

Xoves 11 marzo 2021

19:00
Online
Beatriz Pereira

Direccións de márketing no contexto COVID-19

19:30
Online
Jorge Pallarés
Nacho Romay
Víctor Mantiñán

«O Resu Resiste”

19:45
Online
Isaac González
Pablo Zentolo

«Míster, a historia de amor de Rei Zentolo e David Vidal”

20:00
Online
Mónica Moro

«O ocaso do bullshit «